lunes, 20 de abril de 2015

Actividades e recursos

Ola a todos e a todas!

En primeiro lugar queremos pedir disculpas por estes días sen novidades, posto que tivemos certos problemas coa conta de google e non puidemos acceder ao blog.

Non obstante, queremos presentarvos as actividades que realizamos na última sesión do día 6 deste mes co obxectivo de deseñar recursos para o noso proxecto. Para que os rapaces e rapazas poidan traballar os contidos do mesmo, realizamos unha serie de actividades con EDILIM e JClic.
A continuación deixámosvos os enlaces a ditas actividades, á que podedes acceder facendo clic nos nomes das mesmas.

Actividades EDILIM:
               - O sistema solar (sopa de letras).
               - Os fusos horarios (cuestionario).

Actividades JClic: Os movementos terrestres, conxunto de actividades (completar o texto cos termos correctos).
(Recordar que para acceder a este recurso é necesario contar co programa JClic).

Actividades PDI:
Pódese acceder a elas a través dos seguintes enlaces, acompañados dunha captura de pantalla da actividade, xa que só se pode acceder a elas mediante o software das PDIs.
              - Fases da Lúa (unir cada imaxe coa fase correspondente).
              - Localiza a Terra (identificar o noso planeta nunha serie de imaxes).


Por outra banda, deseñamos varias actividades para PDI, de modo que poderían ser utilizadas polo docente na aula.


Esperamos que sexan do voso agrado!

Ata pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Muchas gracias por tu opinión!
Tu comentario nos ayuda a mejorar